Foto: Soutomaior foi unha das localidade que se mobilizou nas protestas propalestinas de La Vuelta
O concello de Soutomaior organiza unha charla-coloquio informativa sobre a situación de Palestina que contará coa presenza do activista, médico e escritor palestino Mohamed Safa quen falará sobre a dramática situación que se vive en Palestina e tentará desmontar os esquemas mentais sobre a realidade en Oriente Medio, condicionados pola propaganda israelí. Unha cita que contará coa participación do alcalde, Manu Lourenzo, Beatriz Carrasco (BDS Galiza) e a música e directo do artista Antón Ke. Este venres 19 ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade.
A persoa encargada da charla será o activista e escritor Mohamed Safa, nado en Cisjordania está actualmente asentado en Galicia onde exerce como médico oftalmólogo. Persoa cun amplo coñecemento sobre a historia da ocupación trasladará aos asistentes a realidade de cómo calou a propaganda israelí. Beatriz Carrasco de BDS Galicia será a encargada de moderar o acto.
Unha actividade que organiza o Concello de Soutomaior nun momento non que parece están medrando as voces contra o xenocidio palestino grazas en gran medida á presión social.
Unha presión cuestionada dende algúns estamentos logo de que as mobilizacións durante La Vuelta a España levaran a cortar a suspender boa parte da carreira na etapa que remataba en Mos ou practicamente suspender a etapa final de Madrid. Os colectivos propalestinos insisten en que non se pode permitir que un estado xenocida participe en probas deportivas porque se está normalizando e branqueando a eses equipos.










