Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asemblea da Plataforma pola Sanidade Pública na Xunqueira

sanidade

O Multiúsos da Xunqueira acolle este xoves día 18 ás 19:30 horas unha asemblea aberta convocada pola Plataforma pola sanidade pública de Redondela co obxectivo de facer balance das concentracións celebradas ao longo do mes tanto en Redondela como en Chapela e estudar novas medidas de cara ao futuro.

No encontro farase unha reflexión colectiva sobre a importancia destas mobilizacións que loitan contra o deterioro do sistema sanitario galego, facendo un percorrido dende a realidade actual

coas carencias que presentan os Centros de Atención Primaria da contorna, ata as consecuencias da privatización.

Informarase sobre a participación das recollidas de sinaturas e concretarase a data de entrega das mesmas na xerencia da area sanitaria de Vigo.

Acordaranse tamén novas accións de cara a loitar contra o deterioro dos centros de Primaria e en definitiva da Sanidade Pública.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará