Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello reparte 1.770 axendas entre o alumnado de Primaria e Secundaria

axendas

As axendas, dedicadas ás cantareiras, non se limitan ao alumnado de Primaria como se facía ata o de agora, senón que tamén se repartirán nos institutos de Secundaria dos centros públicos do municipio.  A presentación das axendas por parte da alcaldesa Digna Rivas e a concelleira Rita Pérez tivo lugar na pista polideportiva do Colexio de porto Cabeiro, en cuxa renovación se investiron 47.866 euros.

Estas axendas acompañarán á rapazada ao longo de todo o curso e na edición deste ano as protagonistas son as cantareiras e pandeireteiras, mulleres transmisoras do patrimonio cultural ás que se homenaxeou nas Letras Galegas. As axendas inclúen tamén información sobre as tradicións de Redondela e as actividades culturais, así como mapas e outra información útil para o alumnado.

Na axenda deste ano as cantareiras tradicionais e grupos como Tanxugueiras ou Fillas de Casandra ocupan as primeiras páxinas da axenda. Tamén o redondelán Casto San Pedro, historiador e folclorista autor do Cancioneiro Musical de Galicia.

Presentación no CEIP Porto Cabeiro

A presentación destas axendas escolares realizouse no CEIP Porto Cabeiro xunto á directora, Cecilia Rodríguez, na renovada pista polideportiva do centro. O alumnado de Porto Cabeiro estreou este curso a nova pista, de máis de 900 metros cadrados e totalmente renovada. A instalación presentaba un firme de asfalto en moi malas condicións que foi substituído por unha pista de formigón pulido cun tratamento para evitar esvaróns. Esta nova pista permite unha práctica do deporte máis cómoda e segura, “tanto para o alumnado do centro como para a veciñanza da contorna que utiliza este espazo deportivo municipal”. A reforma, incluída no plan +Provincia, supuxo un investimento de 47.866 euros, dos que o Concello financiou 25.884 euros e a Deputación de Pontevedra 22.131 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará