Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de interpretación baixo a dirección de Roberto Casal

teatro

O Obradoiro de Interpretación Comunitaria comezará en outubro e, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, servirá tamén para fomentar a cohesión social, a creatividade e a participación activa da veciñanza. A actividade está pensada para todos os públicos cun grupo pensado para mozos e mozas de 12 a 16 anos e outro para adultos. O obradoiro, organizado polo Concello, ten un custe de 79.50 euros anuais e a inscrición debe facerse antes do 30 de setembro a través do rexistro do Concello.

O Concello de Redondela pon en marcha un Obradoiro de Interpretación Comunitaria. As clases comezarán en outubro cun grupo dirixido á xuventude (de 12 a 16 anos) e outro para adultos (a partir de 17 anos). A interpretación comunitaria é unha actividade “de grande valor educativo, social e cultural”. As aulas, impartidas polo actor e mestre Roberto Casal, “favorecen a inclusión e a integración, a creatividade, a comunicación e a autoestima das persoas participantes”.

O obxectivo é promover a participación cidadá nun espazo artístico que promova non só o teatro, senón a cohesión social e o sentimento de pertenza á comunidade. O prazo de inscrición estará aberto desde o 15 ata o 30 de setembro no rexistro do Concello ou na sede electrónica. A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2025 ata maio de 2026.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará