Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “novo Manuel” xa está listo para botarse ao mar

obradoiro

A réplica do histórico bote Manuel está xa rematada. A embarcación foi realizada polo alumnado do obradoiro de emprego “Polo mar de Redondela” que se desenvolveu nos úlitmos meses en Pousadouro e que permitiu construír unha réplica navegable da gamela que salvou a centos de  xudeos que escapaban do nazismo. A presentación do novo bote tivo lugar na clausura dos obradoiros de Carpinteiría de Ribeira e Forestal-Xardinería e agricultura ecolóxica nos que se formaron vinte persoas.

O “novo Manuel” é unha réplica do bote de Faustino Otero Lino unha embarcación cargada de historia e de simbolismo, xa que posibilitou que centos de xudeus fuxidos dos nazis salvaran a vida e axudou tamén a mellorar as condicións de vida dos presos de San Simón servindo de enlace entre os prisioneiros e as súas familias.

A historia da embarción orixinal remóntase a finais da década dos anos 30 do século pasado, cando é construído por encargo de Faustino Otero Lino nunha carpintería de Ribeira en San Adrián de Cobres para o seu uso en labores de pesca e transporte de mercadurías pero acabaría convertíndose no bote da esperanza para aqueles xudeus que chegaban a ría nun intento de salvar as súas vidas.

Nos últimos meses o alumnado da especiaidade de Carpinteiría de Ribeira traballaron para relizar unha réplica navegable da embarcación orixinal. Un alumnado que xunto cos seus compañeiros e compañeiras de “Forestal-Xardinería e Agricultura Ecolóxica” recibiron os seus Certificados de Profesionalidade nun acto no que participou a alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, a Delegada da Xunta, Ana Ortiz, o Director Territorial de Emprego, José Antonio Rodríguez, e a Directora do Obradoiro, Imelda Barrio.

No caso do alumnado de Carpintería de Ribeira, os participantes ademais de crear a réplica exacta do bote Manuel, formáronse noutros traballos de carpintería, e encargáronse da colocación de contras nas Casas dos Mestres e nova tarima no Multiúsos de Chapela.

Os alumnos-traballadores da modalidade de Forestal-Xardinería e Agricultura Ecolóxica realizaron traballos como a renovación e conservación de rotondas, os xardíns de Regojo e a Xunqueira e tarefas forestais como a roza da zona arqueolóxica de Monte Penide e a súa labor na horta ecolóxica permitiu doar ao Banco de Alimentos máis de 1.500 quilos de produtos frescos ao longo do curso.

Desde o Concello a alcaldesa e o edil de Emprego desexáronlle “o mellor” no seu futuro laboral, e fixeron un chamamento ás empresas destes sectores para que teñan en conta que se precisan facer contratacións “aquí poden contar con persoal moi cualificado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará