Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club Meigarco paraliza os seus cursos ao non poder adestrar no pavillón de Porto Cabeiro

meigarco

Lamentan que o concello lles cancelara o uso destas instalacións nas que viñan adestrando e desenvolvendo as súas actividades dende hai anos. Engaden que a alternativa proposta pola Concellería de Deportes, o pavillón do Instituto de Chapela “non cumpre as necesidades mínimas para a realización dos seus adestramentos”. Malia que carecen dunha explicación en canto ao motivo do cambio desconfían a que todo se deba a unha reorganización na que se premia uns deportes en detrimento de outros.

O secretario do Club, Oscar Casal, confía en que a situación se poida reconducir e que se lle devolva a concesión que lles permitía usar o pavillón de Porto Cabeiro os martes de 20:00 a 22:00 horas e os mércores de nove a peche do propio pavillón ou, en caso contrario, que se lles facilite unhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte.

A problemática xurde cando a pasada semana se lle comunica que debían trasladarse ao Instituto de Chapela. O motivo “extraoficial” en palabras de Casal é que se reorganizan horarios e se da a outros clubs máis horas de pavillón en detrimento do club de tiro con arco.

Recoñece Casal que se lles deu unha alternativa: o uso do pavillón do IES de Chapela pero se trata dun espazo que “en ningún caso se  adapta ás nosas necesidades polo que dende este luns “quedamos sen instalacións a cuberto nas que poder adestrar de cara a nova temporada de sala”

O club Meigarco naceu hai más de dúas décadas co gallo de dar presenza a un deporte minoritario como é o tiro con arco, con deportistas que teñen destacado tanto a nivel galego como a nivel estatal e internacional nesta modalidade deportiva.

Polo de agora suspenden as actividades que tiñan previstas e que inclúen cursos de iniciación ao tiro con arco ou cursos en colaboración coa Asociación contra o Cáncer.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará