Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela FS Rodavigo estrease na máxima categoría cun empate

WhatsApp Image 2025-09-15 at 16.59.10 (6)

Na Terceira División Nacional, o Redondela FS Rodavigo protagonizou un intenso empate a 4 na súa complicada visita ao Ribeira FS. O equipo redondelán, que compite na categoría superior, amosou o seu carácter nun partido vibrante e agora prepárase para recibir na próxima xornada ao Cidade de Narón, co obxectivo de sumar os tres puntos diante da súa afección.

Na mesma liga, o SD Pazos de Borbén FS conseguiu unha axustada vitoria por 4-3 na casa fronte ao ED Vigo 2015, consolidándose como un equipo competitivo e dando unha alegría aos seus seareiros. O próximo encontro será contra o Marín Futsal.

Por outra banda, na Preferente de Fútbol Sala, o SD Pazos de Borbén B logrou unha importante vitoria a domicilio por 2-3 fronte ao Campito Chapela FS, nun encontro cheo de emoción. Pola súa parte, o Campito Chapela FS buscará a revancha na próxima xornada, cando visitará ao Marín Futsal B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará