Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas alerta de “graves problemas de tráfico” pola semipeonalización do Casco Vello

telmo bernardez

O voceiro municipal do PP considera que as restricións no tráfico nas rúas Figueiral, Telmo Bernárdez e Praza da Constitución “obedece a unha decisión sectaria feita con improvisación e sen consenso” que provoca prexuízos á fluidez da circulación no centro urbano. Asegura que esta medida está a provocar “colapsos nas rúas principais, obriga aos veciños do Eidos a dar grandes rodeos e prexudica aos comerciantes da zona”.

O voceiro municipal do PP valora negativamente as consecuencias dunha semipeonalización que arrancou o pasado luns. Javier Bas alerta de que esta medida está a provocar “graves problemas de tráfico e de atascos, especialmente a determinadas horas do día, nas principais rúas da vila”. Lamenta tamén “a forte conflitividade e malestar espertada na inmensa maioría dos veciños por estas restricións”.

O concelleiro popular considera que a “semiclausura” de Figueiral, Telmo Bernárdez e Praza da Constitución -xa que se permitirá o paso de vehículos de residentes, carga e descarga e emerxencias- é unha medida “froito da improvisación e sen consenso”. Neste senso, afirman que a decisión provoca moitos máis prexuízos á fluidez da circulación na localidade que beneficios baseados nunha suposta prioridade peonil e redución da contaminación.

Asegura ademais que esta medida vai supoñer unha maior contaminación ao “circularen os mesmos coches por outras rúas, pero durante máis tempo ao ter que dar máis rodeos” e lamenta o malestar creado entre a cidadanía por unha decisión que carece “de respaldo social, como o demostran as 1.700 sinaturas entregadas polos comerciantes contra estas accións de peche do casco vello”.

Nesta liña, Bas incidíu tamén nas dúbidas e os problemas que vai xerar, a partires do mes de outubro, a imposición de sancións, posto que van ser interpostas a través do sistema de control de cámaras e ademais dependen das altas rexistradas para vehículos autorizados cos conseguintes atrancos que pode haber para residentes maiores ou transportistas ocasionais, polo que augura un novo foco de conflitividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará