Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS Rodavigo inicia o seu debut en Terceira División Nacional

488526593_1219174899898137_786371604507629006_n

O Redondela FS Rodavigo inicia unha nova era na súa historia este domingo cun debut cargado de emoción na Terceira División Nacional, onde visitará ao Ribeira FS fóra de casa. O equipo, dirixido por polo novo adestrador Portu despois da saída de Peli e Rolan, chega a esta categoría superior tras culminar unha tempada excepcional nos play-offs de ascenso, selando o seu paso á elite rexional con talento e determinación.

Na mesma categoría, o SD Pazos de Borbén, un habitual da división, comezará a tempada este sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén fronte ao ED Vigo 2015.

Na Preferente, o Campito Chapela FS estrearase na casa ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Chapela ante o SD Pazos de Borbén B. Mentres, en Primeira Galicia, o Arealonga FS Chapela, tras o descenso, terá un derbi contra o Campito FS B o 21 de setembro no mesmo pavillón, polo que aínda non comeza a súa tempada, pero a emoción está á volta da esquina.

Os afeccionados da comarca agardan con ilusión unha tempada cargada de retos, paixón e grandes momentos para os equipos locais no fútbol sala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará