Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local aproba en pleno o recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 2,7 millóns de euros

pleno06

O voto de PSOE, AER e BNG a favor da proposta da Concellería de Economía e Facenda permitirá abonar centos de facturas pendentes de anos anteriores que non se puideron recoñecer antes “debido a un problema informático” e facer fronte a débedas de pequenos negocios locais así como grandes empresas.  O PP votou en contra por entender que o pago de facturas sen fiscalizar poder ter consecuencias legais.

O concelleiro de Economía e Facenda, Antonio Cabaleiro, insistiu en que o elevado do montante da débeda a recoñecer -2,7 millóns de euros- responde ao problema informático que tivo o concello e que supuxo a perda de moita información que impediu pagar en tempo aos provedores. Así, este recoñecemento de crédito permitirá facer fronte a facturas de 2022, 2023 e 2024. O edil acusaba ao PP de “meter medo á cidadanía e enlamar” cando falan de quebra económica do concello, e insistía en que as contas municipais están saneadas, cun remanente positivo de máis de 3,7 millóns o que garante o pago destas facturas e que as arcas municipais manteñan un remanente de 1 millón para afrontar novos gastos.

Antonio Cabaleiro, PSOE

Unha proposta que contou co apoio do seu socios de goberno, o concelleiro de AER, Roberto Villar quen tamén criticaba a “falta de responsabilidade neste asunto por parte do PP “que coñecía o problema que houbo por cuestións informáticas e están a facer política deste tema votando en contra de que moitos pequenos provedores poidan cobrar”.

Roberto Villar, AER

O edil do BNG, Xoán Carlos González tamén votou a favor da proposta porque dixo “malia que non compartimos moitos gastos feitos polo actual goberno non podemos votar en contra pq hai provedores que, de non pagarlles negaranse a traballar co concello e iso é manchar o nome de Redondela”. Ademais engadiu “hai moitos pequenos comercios que precisan de que se lles paguen esas facturas”.

Xoán Carlos González, BNG

A única voz discordante neste asunto foi a do PP que, como xa advertirá en días anteriores votou en contra. A edil Ana Alonso poñía en dúbida que estes pequenos provedores vaian cobrar a 30 días “porque non hai un plan de pagos”. Insitía tamén en que o seu partido “non quere ser cómplice das posibles consecuencias legais que poida ter a aprobación destas facturas”.

Ana Alonso, PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará