Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jay & the Smoking Machines trae o Rock máis auténtico ao Festival Millo Verde

823620df-39bd-43e1-9efc-0c7da9609570

A banda internacional, con base en Redondela, toca hoxe na primeira xornada do XVII Festival Millo Verde ás 22:30 horas da tarde nas instalacións da Praia e Cesantes. Está composta por Jay, orixinario de Holanda, Lui e Alberto que contan con anos de experiencia no mundo da música e que deciden dar comezo a este proxecto no que mesturan influencias do blues de Nova Orleans, o swing e o jazz, xunto co rock dos anos 50.

“Cada un ben de distintas formacións e estilos, pero todos temos moitos anos de percorrido”, Lui e Berto.

Coñecéronse cando Jay ou Jeroen Mesker decide emigrar de Holanda a Redondela e visitar o panorama musical de Redondela en lugares xa míticos como a Disco Tasca ou o Brisa Chiringo, onde estableceron amizade e decidiron formar a banda. Despois de case dous anos tocando xuntos en 2024 fan unha xira por Ámsterdam e consolidan o seu directo que poderemos ver hoxe no Millo Verde. Para Jay foi unha sorte coñecelos e poder desfrutar da música e da natureza de Galicia, “toda unha oportunidade de facer rock e convivir coa nosa paisaxe”.

“Gracias aos locais de Redondela que programan cultura coñécense moitos artistas”, Jay e Berto.

Dende a dirección do Festival Millo verde definen o repertorio de Jay & the Smoking Machines como “un monstro de Frankestein afumado de riffs de guitarra chirriante e un irresistible beat de batería”. Algo co que concordan, sobre todo agora que o seu estilo “evolucionou cara un rock máis power, con máis ruido e presencia no escenario”. Tamén hai espazo para a improvisación no escenario, influenciados polo directo do jazz, predominando un son que entenden como “vivo”.

“Estivemos de xira por Ámnsterdam antes de facer a xira en Galicia e axudou moito ao noso son”, Lui, Jay e Berto.

A agrupación non é a tradicional, a batería non está detrás senón que conforman un triángulo no que están conectados no espazo.  A conexión entre eles é o que máis atrae da súa presenza en directo. Gústalles poder mirarse á cara para saber “que están pensando e comunicarse” e isto “gusta tamén ao público e entenden o noso vínculo”.

“Son moi partidario da música viva e que cad aconcerto sexa distinto”, Berto.

Teñen pensado lanzar o primeiro disco a finais de outubro e mentres continúa a xira. Despois de  Ámsterdam farán carreteira por Galicia, pasando polo Millo Verde hoxe ás 22:30h na Praia de Cesantes. De momento podedes escoitar os dous temas de lanzamento que están en bandacamp, producidos coa axuda de Isaac Millán.

Para quen non poida velos hoxe no Millo verde estarán tamén tocando na note de San Xoan en Alcabre, Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará