Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas presume de remanente positivo e insta á aposición a aprobar un pago de facturas por valor de 2,7 millóns

digna

A alcaldesa asegura que a tesourería municipal está saneada, con débeda cero, e un remanente positivo de 3.693.948 euros. Unha situación que permitirá, segundo o goberno local, afrontar o pago de facturas pendentes por 2,7 millóns de euros e seguir contando cun remanente positivo de 1 millón de euros. O goberno local apela á responsabilidade do pleno para a súa aprobación, e que os provedores poidan cobrar e rexeita así as críticas dos populares que falan dunha “situación desastrosa nas arcas municipais”.

O goberno local saca peito da súa xestión económica logo das críticas dos populares. Mentres o PP advirte dunha “situación límite” a alcaldesa asegura que a liquidación do orzamento de 2023 en Redondela é positiva, cumprindo o goberno local coa estabilidade orzamentaria, e asegura que despois do pago das facturas pendentes por un valor de 2,7 millóns de euros, e que se levan a pleno esta tarde, o Concello seguirá a contar con 1 millón de euros de remanente positivo para gastos. O goberno local apela á responsabilidade do pleno para a súa aprobación para garantir que os provedores poidan cobrar.

Explican dende o goberno que as facturas, correspondentes a 2022 e 2023, non puideron sufragarse no exercicio correspondente “por unha avaría no sistema informático do departamento de intervención que impediu realizar a liquidación das contas en tempo e forma”. Desde o departamento de Intervención explican que sufriron “múltiples problemas” que lles impediron realizar o seu traballo con garantías “por culpa da perda de datos contables que afectaron á liquidación dos exercicios de 2022 e 2023, tendo que centrar o departamento os seus esforzos na recuperación da información”.

Presume tamén o goberno local do esforzo inversor en 2023 con máis de 10 millóns de euros das arcas municipais, “cantidade que supera aos exercicios previos á pandemia e que supón máis recursos públicos para a cidadanía e máis servizos, con investimentos ambiciosos como o skate park de Chapela, as reformas para a mellora da eficiencia enerxética na Casa do Concello ou os investimentos en novas tecnoloxías co novo servidor e a páxina web de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará