Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis meses de cárcere por denunciar falsamente unha agresión sexual

RR_Noticias

Unha moza de Redondela de 26 anos de idade aceptou unha condena de seis meses de cárcere, unha multa de 1.800 euros e pagar unha indemnización de 5.000 euros ao relación públicas dunha discoteca do noso concello a quen denunciara falsamente por secuestro e intento de agresión sexual.

Os feitos remóntanse ao 21 de febreiro do 2008 cando a moza denunciou que fora narcotizada e retida logo de estar nunha discoteca tomando copas coa persoa que exercía de relacións públicas. Finalmente arrepentiuse das súas acusación e admitiu que todo era mentira.
O prexudicado reclamou 30.000 euros por danos morais xa que se propagou o rumor de que era un violador. Onte ambas as partes implicadas chegaron a un acordo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará