Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde de Redondela e o concelleiro de urbanismo, absoltos de prevaricación

RR_Noticias

A sentencia ditada pola xuiz da Sala do Penal número 1 de Vigo considera que os feitos non son constitutivos de infraccións penal e abosolve a Xaime Rei e Emilio González Iglesias para quen a fiscalía pedía nove anos de inhabilitación por un presunto delicto de prevaricación

O alcalde de Redondela, Xaime Rei e o concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias resultaron absoltos das acusacións de prevaricación polas supostas irregularidades cometidas na contratación e concesión das obras de humanización nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín.
Así o recolle a sentencia ditada pola xuiz da Sala do Penal número 1 de Vigo que estima que os feitos xulgados non son “legalmente constitutivos de delicto” polo que resolve a absolución dos acusados.
Lembramos que a fiscalía pedía para ambos os dous políticos unha condena de nove anos de inhabilitación para cargo público polas presuntas irregularidades cometidas na concesións das obras de renovación da rede de sumidoiro e abastecemento, así como no procedemento de recoñecemento de crédito realizado para financiar ditos traballos.
Sen embargo, tal e como se recolle na sentencia, a maxistrada afirma que “non é certo que as obras de humanización se executaran prescindindo do procedemento administrativo” e puntualiza que só se cuestiona a regularidade na posterior ampliación das obra relativas “á dotación e renovación dos servizos de sumidoiro por un importe aproximado de 124.000 euros”, unha actuación que levou a unha ampliación de crédito “un procedemento excepcional pero comunmente utilizado nestas situacións polas administracións locais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará