Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Títeres, circo, teatro e moito humor no XXI Festival Internacional de Artistas de Rúa

titeres

As rúas e prazas da vila de Redondela acollerán este venres, día 7, o tradicional Festival de Artistas de Rúa. A situación excepcional provocada pola Covid-19 mom impediu á Concellería de Cultura manter este tradicional evento, que se celebra tomando todas as medidas de seguridade e hixiene. Tanxarina, Troula Animación, Asacocirco, Kambahiota, Teatro ó Cubo serán os protagonistas da xornada, que contará tamén coa proxección audiovisual do espectáculo “Somos Criminais” de Carlos Blanco e Xosé Touriñán.

O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, explica que a “nova normalidade” non permite que o público esta sentado no chan, como en pasadas edicións, e manterase unha distancia mínima de 4 metros co escenario, tal e coma se está a facer no resto da programación cultural deste verán. Todos os espéctaculos disporán de cadeiras para o público así como de dispensadores de xel hidroalcólico, que deberá levar posta a máscara de protección en todo momento. Nesta ocasión o festival contará cun pasarrúas de animación da compañía Troula que arrancará ás 20:00h na rúa Alfonso XII e percorrerá a rúa da Ribeira e o paseo da Xunqueira. Outros lugares que estarán animados polas compañías participantes serán a Praza da Constitución, Alameda Castelao, a zona dianteira da Casa da Torre e a Pista da Xunqueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará