Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do Mendiño alerta de que parte do seu alumnado quedará sen autobús escolar

RR_Noticias

O protocolo da Xunta para o vindeiro curso xa provocou a convocatoria de protestas por parte dos sindicatos porque aseguran non se garante a seguridade nin para os alumnos nin para o profesorado. No mesmo sentido se manifestan dende a ANPA do IES Mendiño de Redondela que amosan a súa indignación porque ese protocolo manteña o ratio de alumnos por clase e non contemple a contratación de máis profesorado. Outro dos temas que máis preocupan é o transporte escolar “porque pensamos que moitos rapaces das parroquias quedaran sen ese servizo”. As ANPAs están convocadas a unha reunión Concellería de ensino este mércores ás 12:00 horas.

O malestar na comunidade educativa é xeneralizado logo de coñecer a semana pasada un protocolo de actuación para un curso que previsiblemente arrancará o próximo 10 de setembro. Critican que se manteña o rato ide alumnos por clase que permanecería en 25 (sen contar aos repetidores) malia a recomendación do Ministerio de rebaixalo a 15 e tampouco contempla a contratación de máis profesorado “malia esixirlle que ademais das súas tarefas educativas realicen labores de desinfección e control” explica o presidente da Anpa do Mendiño, Anxo Lusquiños.
Un centro que alerta tamén dos problemas no transporte, xa que se aplicará a norma que impide ao alumnado de bacharelato usar eses autobuses, algo que ata o de agora viñan facendo malia non estar contemplado na normativa. Pero aseguran que as restricións poderían afectar tamén a alumnos de ESO, cuxas apradas máis próximas ao centro poderían ser eliminadas para evitar as aglomeracións nos autobuses.
Indignados pola falta de previsión e de medidas de cara un curso que vai arrancar a principios de setembro e que non contempla, ao entender das Asociacións de Pais e nais, as medidas necesarias para garantir a seguridade sanitaria non descartan mobilizarse. Con todo, o primeiro paso será reunise este mércores ás 12:00 horas coa responsable da Concellería de Ensino, Olga García, para valorar tamén alternativas ante as problemáticas que deberán afrontar os centros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará