Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Soutomaior mobilízanse en “defensa da sanidade pública”

RR_Noticias

Ducias de veciños participaron este venres na concentración convocada polo BNG ás portas do centro de saúde de Romariz co obxecto de denunciar o “desmantelamento” da atención primaria neste municipio. Unha concentración que chegaba lodo de que durante varias semanas o consultorio de Soutomaior tivera que permanecer pechado e sen atención logo de que o Sergas trasladara ao seu facultativo ao centro de saúde de Arcade.

Anuncian que esta protesta será a primeira dunha “rolda de mobilizacións en defensa da sanidade pública” co obxecto de denunciar o que cualifican de “colapso absoluto na atención sanitaria do concello”. Unha situación que explican “produciuse despois de que o PP non cubrise as baixas dos médicos de Arcade, deixando toda a atención do centro de saúde cun único substituto por catro horas. Situación que empeorou cando a consellaría de Sanidade decidiu pechar a atención sanitaria no consultorio de Soutomaior e desprazar a Arcade ao único facultativo desta parroquia”.
Entenden que estes movemento son “a antesala do peche do consultorio de Soutomaior” polo que defenden a mobilización para denunciar unha vez máis que “estamos con menos médicos dos que nos corresponden, cun pediatra que aparece e desaparece, sen persoal sanitario, e cunha baixas que non se cobren. Soutomaior está a sufrir unha discriminación vergoñenta e a proba é que concellos veciños con menos habitantes teñen máis médicos cá nos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará