Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concertos, xogos, baile e campamentos coa Asociación Cultural de Chapela

RR_Noticias

O colectivo celebra esta tarde o fin de curso da Escola de Música cun concerto, e mañá sábado unha gran festa á que convidan a todos os veciños e socios cunha xornada de actividades pensada para todas as idades. A próxima semana comezan tamén o seu Campamento de Verán, aberto ao público infantil e xuvenil, desde os 3 anos e ata os 16.

A Escola de Música de Chapela celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego, esta tarde, a partires das 18.00 horas. Unha cita aberta ao público na que os alumnos farán gala de todo o aprendido ao longo do curso, e convidarán tamén aos espectadores a participar “con algunha sorpresa”, como explica Begoña Rial, a directora da escola. Mañá sábado a Asociación Cultural de Chapela convida aos seus socios e a todos os veciños a participar nunha xornada festiva con actividades para todos os públicos. Comezarán ás 16:30 con xogos infantís no Multiúsos do Piñeiral do Crego, nos que poderán participar “pequenos e maiores”. Ás 18:30 comezarán as actuacións dos grupos de música e baile da asociación e rematarán a xornada cunha cea baile a partir das 21:00 horas, na que o profesor de baile da asociación ofrecerá unhas Master-Class a todos os asistentes. Campamento de verán A asociación non remata as súas actividades este mes, xa que o próximo luns poñen en marcha o seu Campamento de Verán, unha actividade que se celebra ao longo de todo o mes de xullo. Está dirixida a un amplo abano de idades, desde os 3 e ata os 16 anos, para cubrir así a demanda de moitas familias para rapaces e adolescentes. Realizarán xogos, saídas e actividades en inglés. O horario de actividades é de 9.00 a 14.00 horas, con posibilidade de amplialo coa aula matinal desde as 8.00 e o servizo de comedor ata as 16.00 horas.

Begoña Rial directora da Escola de Música de Chapela
O fesitval de fin de curso contará con sorpresas para o público.
Festa para todas as idades
A Asociación Cultural de Chapela convida aos seus socios e a todos os veciños a participar o sábado nunha xornada festiva con actividades para todos os públicos.
Campamento de verán
No mes de xullo realizan un campamento para nenos de 3 a 16 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará