Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela concéntrase contra a violencia de xénero

RR_Noticias

O Concello de Redondela convida unha vez máis a toda a veciñanza a unirse á concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de xullo. Será hoxe luns, 2 de xullo, ás 19:30 horas na Praza do Concello. Esta iniciativa ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller “depende de todas e todos”.

 
Na iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller, participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos. Coas concentracións quere amosarse tamén a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas “vítimas desta lacra social”. O acto incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación Choqueiras. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero. Para máis información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou no teléfono ao 986 40 80 43.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará