Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro do Morcego presenta no Multiúsos “O Lazariño de Tormes”

RR_Noticias

A compañía Teatro do Morcego presenta, este sábado 19 de novembro, a versión teatral do clásico castelán “O lazariño de Tormes”, dentro da programación do Outonoteatro. Baixo a dirección de Andrés Pazos e Celso Parada, Teatro do Morcego presenta un monólogo teatral, interpretado por Celso Parada, sobre o texto clásico, que resalta a pobreza, a fame e o despotismo, pero tratados con moito humor.

O texto orixinal en castelán é de autor descoñecido e foi publicado en 1554. Daquela, 62 anos despois do descubrimento de América, o ouro chegaba a España, pero os banqueiros alemáns tiraban a súa parte. A inflación trouxo pobreza e apareceron os fidalgos miserables, como os que se mostran nesta obra. Un personaxe narrador, Celso Parada, é o encargado de contarnos a vida e peripecias do lazariño, desdobrándose ao longo da obra en múltiples personaxes. Unha obra que segundo explica o director e protagonista está cargada de “situacións tristisimamente cómicas”. A función representarase o vindeiro sábado 19 de novembro, ás 20:00 h, no auditorio da Xunqueira. As entradas poden adquirirse dende este xoves, cun prezo de 5 € (3 € reducida).  

Celso Parada Teatro do Morcego
Un monólogo teatral
Unha traxicomedia
Situacións tristisimamente cómicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará