Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa do Samain na Alameda de Talorío en Arcade

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior organiza este sábado día 29 a festa do Samaín con actividades variadas que se desenvolverán na súa maior parte na Alameda de Talorío. Obradoiros, animación de rúa, contacontos, música, bailes, queimada e degustación de castañas conforman un programa que rematará no Multiúsos de Arcade coa proxección da película de terror La Visita ás 21:00 horas.

A xornada de festa arrancará ás 17:00 horas con obradoiros dirixidos a todas as idades nos que os participantes aprenderán a elaborar pócemas e beberaxes e un taller de maquillaxe de medo. A continuación haberá animación de rúa con “Coidado coa meiga” que percorrerá as inmediacións ata regresas á alameda e continuar a festa cunha actividade que leva por nome “A caza da meiga”, durante a cal haberá que superar diferentes probas.
Continuarase cun contacontos sobre as Lendas do Samaín a cargo de Coida e Miolo e a partir das 19:45 celebrarase un aquelarre con presenza de meigas e bruxos que farán un conxuro. Habe´ra queimada, castañas e outros sorpresas.
O programa rematará coa proxección da película de terror La Visita a partir das 21:00 horas no Multiusos de Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará