Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música furtiva chega ao Meixón Music co grupo redondelán Tanto Nos Ten

RR_Noticias

Melodías moi bailables como muiñeiras, pasodobres, foliadas ou rumbas mistúranse con letras “cargadas de verdade”. O seu obxectivo é “facer festa” sen esquecerse do compromiso coa terra, para o que utilizan a retranca como arma para denunciar situacións reais. Estarán e directo este xoves, ás 21.00 horas, na rúa Meixón Frío.

A cita é mañá xoves, ás 21.00 horas, dentro da programación do Meixón Music que organizan os locais Café da Vila e A Tenda de Candelaria. Josiño, un dos compoñentes da formación, sinala que se trata dun concerto “moi especial” ante o seu público, xa que se fai “a pé de praza”. Unha cita familiar e íntima polo formato da proposta, na rúa Meixón Frío, e tamén porque “xogan na casa”, o que lles permite aínda máis proximidade co público. Con dous discos no mercado: Tanto Nos Ten e Entre Néboas, o sexteto promete sobre todo “moita festa” para todos os públicos.  

Josiño de Tanto nos Ten
O integrante do grupo fálanos dos ritmos e as letras de Tanto Nos Ten.
Meixón Music
Para o grupo é un concerto moi especial ante o seu público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará