Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia a falta de limpeza dos camiños do concello

RR_Noticias

Os socialistas denuncian a falta de mantemento a pesar de que “o concello conta con máis persoal do habitual”. As parroquias que máis queixas presentan pola falta de limpeza nos camiños son as de Chapela, Trasmañó, Cedeira, Vilar, Cesantes e Reboreda. Alertan de que esta situación incrementa o risco de lumes nas proximidades de vivendas.

Os socialistas fanse eco das demandas veciñais debido a falta de limpeza polos camiños públicos de Redondela. “Son moitos os veciños que nos trasladaron o seu malestar, tanto é así que fixemos unha lista de relación por parroquias de todos os camiños sen limpar. Están ao longo de todo o concello sendo as zonas que presentan máis queixas: Chapela, Trasmañó, Rande, Cedeira, Vilar, Cesantes, Reboreda…”. Unha situación que segundo explican “pon en risco moitas das casas que están preto dos camiños polos posibles lumes que poda ocasionar a maleza, aumenta a sucidade e bicherío pola falta de salubridade” declara o edil socialista Leonardo Cabaleiro.
O edil enumera algúns dos camiños máis afectados: a Chousa (Vilar), Camiño do Muiño (O Muro), Camiño Abreavella (Cesantes), Camiño da Adella (Riofrio), Camiño da Igrexa Vella (Trasmañó) Camiño Parada (Chapela), Buraca (finca da Xinaria), Camiño das Coutadas (Rande), Camiño Monterraso (Cedeira), Camiño do Arxal (Cedeira), Camiño Misión (Reboreda), Camiño do Regueiro do Porto (Reboreda)…”.
Conclúe asegurando que “non se pode entender a falta de limpeza e máis no verán cando o concello, a día de hoxe, ten máis persoal grazas á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia. E máis cando o PP puido escoller o tipo de traballador que quería en relación ás demandas do concello”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará