Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco repite o soño de xogar a fase de ascenso

RR_Noticias

O equipo redondelán repite a fazaña por segundo ano consecutivo e a falta dunha xornada para rematar a liga. Logo de gañar ao Rápido de Bouzas o campo de fútbol de Santa Mariña foi unha festa total para celebrar a xesta dun dos equipos con menos orzamento da Terceira División. No balonmán local os dous equipos da Primeira Nacional se despediron da liga con triunfos.

Terceira División
Choco 4-0 Rápido de Bouzas
Había moito en xogo, e tanto o equipo de Marcos Montes como o vigués realizaron unha primeira metade con moitas precaucións na defensa. Ao descanso chegouse case sen ocasións claras por parte de ningún dos dous, e co marcador co empate a ceros inicial. O resultado xa lle servía ao Choco nese intre, porque o Vilalbés perdía ante o Boiro. A segunda metade comezou cun gol de Silva, o que fixo que o partido cambiara radicalmente. O dianteiro aproveitou un balón solto para encarar a Portas, e despois de deixalo atrás salvar a saída do porteiro vigués. O Rápido adiantou liñas, buscou o gol e deixou espazos atrás. Foi entón cando o equipo de Marcos Montes aproveitou o cambio de xogo do rival para xogar ao contragolpe. O premio obtívoo primeiro Óscar Pérez, cando faltaba un cuarto de hora para o final, e nos últimos minutos Fernán e Hugo completaron a goleada. Santa Mariña foi unha festa para celebrar o pase á fase de ascenso dos redondeláns, que volveron ser protagonistas da Festa do Choco. Dáse a casualidade de que o ano pasado tamén foi no domingo de celebración da festa gastronómica cando o equipo local se clasificou para o que era o seu primeiro “play off” de ascenso a Segunda B. Daquela o adestrador era Jacobo Montes, onte foi seu irmán Marcos o que culminaba a fazaña. O Choco, cos deberes xa feitos, despedirá a liga o próximo domingo no campo do Silva
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Suso, Lucas, Gándara, Alberto Suárez (Molinos, min. 82), Comis, Fernando (Fermán, min. 84), Félix, Silva (Óscar Pérez, min. 71), Hugo.
Rápido de Bouzas: Sergio Ríos, Pablo Fernández, Cotilla, Portas, Toni Benavides (Oki, min. 80), Sergio Santos, Antón Vilas, Gabi Misa, Yago Pérez (Souto, min. 59), Marcos, Tomás.
Goles: 1-0, min. 46: Silva; 2-0, min. 76: Óscar Pérez; 3-0, min. 88: Fernán; 4-0, min. 89: Hugo.
Segunda Autonómica

Choco B 4-0 Miño
O filial do Choco goleou ao Miño, que segue afundido na parte baixa da táboa. O Choco, que é 3º, volverá a xogar na casa a próxima xornada, penúltima desta liga. Será ante o Vilariño, 5º clasificado.
Chapela 1-1 Lavadores
O Chapela conseguiu arrancar un empate ante o Lavadores, logo de comezar o partido perdendo. O resultado déixaos na 11ª posición. Máis dificultades terán na próxima xornada, xa que xogan no campo de A Guía, 4º na táboa.
Terceira Autonómica

Castelo 0-3 Vilar
Os de Vilar impuxéronse no campo do pechacancelas, o Castelo, nun partido no que os anfitrións desperdiciaron varias ocasións con disparos ao pau. Os redondeláns foron máis efectivos e fixéronse cos tres puntos.
Balonmán Primeira Nacional

OAR Coruña 24-32 Castro Chapela
Os de Fran Teixiera despediron a liga na Coruña, a onde viaxaron cos deberes feitos e a clasificación para a fase de ascenso asegurada. Impuxéronse ao anfitrións sen demasiados problemas, e preparan xa o “play off” á División de Honra Prata.
SAR 31-20 Pontevedra
A SAR Plastic Omnium despediu a liga ante a súa afección cun sólido triunfo que lles permite manterse no ecuador da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará