Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local despide a tempada nos postos altos da clasificación

RR_Noticias

O Construcciones Castro Chapela remata a competición oficial no cuarto posto en primeira nacional logo de caer ante o Lalín por 31-29. Mellor lle foron as cousas a Sar no último partido da tempada ao vencer por 27-20 ao Vitaldent Pontevedra.

A Sar Plastic Omnium despídese da súa afección cunha vitoria na bomboneira. 27-20 foi o resultado final do partido disputado o sábado no pavillón de Redondela, nun encontro no que os locais foron por diante en todo o momento. O equipo rematou a tempada nun meritorio sextos posto. Pola súa banda o Chapela non logrou un dos seus obxectivos que era disputar a fase de ascenso. Despide a tempada no cuarto posto da categoría logo de caer esta fin de semana na súa visita ao campo do Lalín. Un partido moi igualado que rematou co resultado de 31-29.
Toca agora planificar os equipos e os obxectivos que cada un dos clubs se marque para o ano que ven.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará