Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela logra unha avultada vitoria ante o Poio e a Sar paga as súas ausencias ante o Calvo Xiria

RR_Noticias

Dende o primeiro minuto o Construcciones Castro amosou a sùa superioridade nun partido disputado no pavillón de Chapela e a onde o seu rival o Poio Artai chegaba con tan só dez xogadores. Partido de trámite no que os locais venceron por 35-22. Pola súa banda a Sar xogaba no campo do Calvo Xiria. Un encontro que dende o inicio estivo en mans do equipo coruñés que ao chegar ao descanso contaba xa cunha vantaxe de 8 goles no marcador, vantaxe que iría incrementando ata chegar ao definitivo 31-19.

Na vindeira semana o Chapela que continúa na cuarta praza do grupo desprázase ao campo do Lalín, sétimo na táboa. A Sar xogará na casa, son sextos e reciben aos décimo, o equipo de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará