Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“En Europa temos capacidade para loitar co ébola e evitar unha epidemia masiva”

RR_Noticias

Fernanda Falero, antropóloga médica de MSF, uruaguaia de nacemento e redondelá de adopción, trasládanos esta mensaxe ante o temor existente entre a poboación logo de detectarse o primeiro contaxio fora de África, o da auxiliar Teresa Romero que enfermou logo de estar en contacto cos dous misioneiros repatriados a España xa infectados polo virus. Prefire non opinar sobre o contaxio de Madrid pero ten claro que “só un erro que agora hai que investigar para que non volva repetirse” pode explicar o acontecido.

Médicos sin fronteras é a organización que máis pacientes de ébola trata en África. Nesa labor está implicada directamente Fernanda Falero, uruguaia de nacemento e redondelá de adopción, cuxas responsabilidades como antropóloga médica levárona a actuar directamente na misión que a ONG desenvolveu en Nixeria. Alí estivo en contacto directo cunha enfermidade que en moitos dos países africanos afectados aínda segue fora de control, en gran medida debido a que “a resposta internacional chegou tarde e non se soubo ver a magnitude do brote”. Ante o temor de que este primeiro caso de ébola infectado fora de África se converta nunha epidemia masiva, Falero amosa a súa convicción de que iso non vai acontecer ao existir “nesta parte do mundo os sistemas sanitarios precisos para lidar coa enfermidade. Temos a capacidade necesaria para parar os contaxios”. Entende iso si que hai que ser moi estritos nos protocolos de actuacións e illar inmediatamente a calquera persoa que poida ser susceptible de estar contaxiada en canto se presente calquera síntoma xa que “o virus se transmite cando unha persoa está en contacto directo coas secrecións ou fluídos do corpo do enfermo”. Lembra que no período de incubación, dende que o virus entre no corpo e mentres a persoa non presente síntomas, non é contaxiosa. Só cando comezan os síntomas pode transmitir a enfermidade.  

Fernanda Falero MSF antropóloga médica
Critica a tardía resposta internacional ao blote incial en Africa hai xa máis de seis meses
Epidemia europea
Os sistemas sanitarios existentes permiten descartar que aconteza no noso país o que está a acontecer en África
Contaxios
A trasmisión do ébola so se produce cando o infectado presenta síntomas da enfermidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará