Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de solicitude de axudas para as entidades deportivas

RR_Noticias

A Concellería de Deportes de Redondela terá aberto ata o 9 de novembro o prazo para a solicitude de subvencións ás asociacións deportivas do municipio para organizar eventos e participar en competicións oficiais. As bases poden consultarse na páxina web do Concello así como no BOP do 22 de outubro.

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión das subvencións da Concellería de Deportes para o ano 2013 e teñen como fin facilitar ás asociacións deportivas a organización de eventos e actividades deportivas así como os desprazamentos para participar en competicións oficiais.
O crédito global que se dispón para o outorgamento destas subvencións será de 28.000 euros. A subvención non poderá exceder do 50% do orzamento da entidade deportiva que organice o evento ou actividade, ou o custe do desprazamento.
Á hora de valorar as solicitudes teranse en conta aspectos tales como a antigüidade da entidade solicitantes, o número de deportistas federados, o nivel técnico dos equipos que solicitan a subvención ou a promoción da marca Redondela entre outras cuestións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará