Hoxe é Luns 23 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cae ante o Ribera e baixa á terceira posición

WhatsApp Image 2026-11-23 at 13.04.21

A xornada do fútbol local deixou resultados de todo tipo para os equipos da contorna. Na Primeira Galicia, o CD Choco e o CD Arcade non puideron puntuar, mentres que o CD Soutomaior conseguiu unha importante vitoria na casa. Na Segunda Galicia, o Cesantes levou os tres puntos e o Atlético Villar asinou un empate. Pola súa banda, o Chapela CF sumou un punto na Terceira Galicia.

Primeira Galicia, Grupo 6

CD Choco 0 – 1 UD Ribera

O CD Choco perdeu por 0-1 ante a UD Ribera no campo de Santa Mariña, nun encontro no que os redondeláns levaron a iniciativa co balón e dispuxeron de varias ocasións, especialmente na segunda metade, pero non conseguiron transformalas en gol.

Segundo explica o adestrador, o partido comezou igualado e con poucas oportunidades para ambos os equipos. Porén, o gol do Ribera cambiou o desenvolvemento do encontro. A partir dese momento, o conxunto visitante recuou liñas e o Choco asumiu o peso do xogo, xerando ocasións tanto na primeira parte como na segunda. O técnico destaca a superioridade do seu equipo tras o descanso e lamenta a falta de acerto de cara á portería, que acabou condenando os locais.

Esta derrota fai que o Choco baixe un posto na clasificación de Primeira Galicia, Grupo 6, e pase a ocupar a terceira posición con 25 puntos. O equipo redondelán xa pensa na próxima xornada, na que visitará o CCD Chain coa intención de volver sumar.

Primeira Galicia, Grupo 5

CD Soutomaior 2 – 1 Flavia SD

Vitoria do Soutomaior no campo Graciano Padín por 2-1 fronte ao Flavia SD. Islam abriu o marcador no minuto 27 e Borja ampliou a vantaxe no 68. Con estes tres puntos, o equipo sitúase na duodécima posición da táboa. Na próxima xornada visitará o CD Unión.

SD Amanecer 1 – 0 CD Arcade

Derrota do Arcade na súa visita ao SD Amanecer. A pesar de non conseguir puntuar, o conxunto mantense na terceira posición do seu grupo. Na próxima xornada recibirá ao Cidade de Ribeira CF, actual líder da clasificación.

Segunda Galicia, Grupo Pontevedra

Atl. Faxilde 1 – 2 CD Cesantes

Vitoria do Cesantes na súa visita ao Atlético Faxilde por 1-2. Aleixo foi o protagonista do encontro ao marcar os dous tantos do equipo, nos minutos 31 e 45. Con este resultado, o Cesantes sitúase na sétima posición da táboa e recibirá na próxima xornada ao Vilanova FC, último clasificado.

Segunda Galicia, Grupo Vigo

Atlético Villar 1 – 1 CF Guillarei

Empate a un gol do Atlético Villar no campo de San Martín ante o CF Guillarei. Tras unha primeira metade sen goles, o Guillarei adiantouse no marcador, pero o Villar soubo reaccionar e Iago conseguiu o tanto do empate no minuto 51, permitindo ao equipo salvar un punto. Actualmente ocupa a décimo cuarta posición e na próxima xornada visitará o Gondomar FB.

Terceira Galicia, Grupo Vigo 1

Chapela CF 2 – 2 Club Peñasco

Empate a dous do Chapela CF na casa ante o Club Peñasco nun encontro no que os locais deixaron escapar a vantaxe. Anxo, no minuto 26, e Antoni, no 45, puxeron por diante ao Chapela. Porén, o rival reaccionou no tempo engadido da primeira metade e conseguiu igualar o marcador con dous goles consecutivos, nos minutos 45+2 e 49. O Chapela ocupa a quinta posición da clasificación e visitará na próxima xornada ao CF San Esteban.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará