Hoxe é Xoves 19 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación de Anpas ofrece esta semana tres actividades para apoiar as familias e promover a igualdade

anpas

A programación inclúe un curso de autoprotección e seguridade persoal, un obradoiro sobre puberdade e adolescencia e unha sesión baixo o lema «Non necesitamos familias perfectas», con servizos de ludoteca e canguraxe.

A Federación de ANPAS de Redondela continúa desenvolvendo esta semana diferentes iniciativas dirixidas ás familias e á comunidade educativa co obxectivo de ofrecer ferramentas para afrontar os retos da crianza, fomentar a corresponsabilidade nos coidados e avanzar na igualdade de oportunidades.

A programación inclúe tres actividades. A primeira terá lugar este xoves, 19 de novembro, cun curso de autoprotección e seguridade persoal con enfoque de igualdade, organizado pola ANPA Alcoube de Pazos. A sesión desenvolverase no pavillón do CPI Curros Enríquez, entre as 15:30 e as 17:30 horas, e busca fomentar a prevención, a confianza e a autonomía persoal.

Ese mesmo día, de 17:30 a 19:30 horas, celebrarase no IES Illa de San Simón a terceira sesión do obradoiro «Puberdade e adolescencia: educar e coidar, unha responsabilidade compartida». Trátase dun espazo pensado para que as familias poidan compartir experiencias e adquirir recursos que lles permitan acompañar mellor as súas fillas e fillos durante esta etapa. A actividade contará cun servizo de ludoteca para facilitar a asistencia.

A programación completarase o venres, 20 de novembro, no CEIP Igrexa de Chapela, cunha sesión baixo o lema «Non necesitamos familias perfectas», especialmente dirixida ás familias con nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. A actividade comezará ás 17:00 horas e contará cun servizo gratuíto de canguraxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará