Hoxe é Martes 17 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O obradoiro “Talento mozo” forma a 16 persoas desempregadas en albanelaría e pintura

obradoiro emprego

O programa ten unha duración dun ano e inclúe formación teórica e práctica. Os 16 mozos e mozas participantes cobrarán o SMI. Durante o obradoiro farán traballos de mellora e mantemento en diferentes espazos públicos como os Multiusos da Xunqueira e Chapela, o Conservatorio de Música ou no Centro Cultural de Saxamonde.

O Concello de Redondela xa ten en marcha o obradoiro de emprego “Talento mozo”, no que participan 16 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade. Son 8 na especialidades de albanelaría e outros 8 en pintura decorativa. Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas do municipio que están no paro, ofrecéndolles as ferramentas necesarias para incorporarse con éxito ao mercado de traballo. Durante o ano de duración do obradoiro as persoas participantes teñen a condición de alumnos-traballadores, percibindo unha retribución equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI). Deste xeito o programa non só funciona como unha ferramenta formativa e tamén como un impulso económico directo para as persoas beneficiarias.

O alumnado aplicará os coñecementos adquiridos nun plan de melloras en diferentes espazos públicos como a Casa da Cultura e os Multiusos da Xunqueira e Chapela onte traballará o alumnado de pintura. Pola súa banda, no módulo de albanelaría realizarán melloras no Conservatorio de Música, a antiga estación de tren de Chapela e no Centro Cultural de Saxamonde, entre outras dependencias.

A alcaldesa, Digna Rivas, salienta a importancia estratéxica deste proxecto “A nosa prioridade é dar oportunidades reais á veciñanza. Con este obradoiro ofrecemos formación ao tempo que contan cun salario mentres aprenden unha profesión”. Rivas tamén fixo fincapé na idoneidade das especialidades escollidas, xa que a albanelaría e a pintura decorativa son dous sectores que contan actualmente cunha alta demanda de profesionais cualificados. “Sabemos que as empresas teñen dificultades para atopar man de obra, polo que será unha gran oportunidade para o noso alumnado. A previsión é que este programa garanta unha elevada inserción laboral cando rematen a formación”, asegurou a rexedora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará