Hoxe é Martes 17 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo recupera a senda da vitoria

912132490_1170785812295912_2044642884931412014_n

Na División de Honra Prata, a SAR Rodavigo regresou á senda da vitoria cun triunfo por 20-24 na pista do Hand Vall Valladolid. As redondelás tiveron que traballar nun encontro igualado, no que conseguiron marchar ao descanso con dous goles de vantaxe (11-13). Na segunda metade, melloraron o seu rendemento defensivo e conseguiron ampliar progresivamente a diferenza ata o definitivo 20-24.

Na próxima xornada, a Bomboneira acollerá un derbi galego coa visita do AD Carballal.

Pola súa banda, a SAR Impernoroeste caeu por 24-27 ante o Balonmán Samertolameu, un dos equipos máis fortes da Primeira Autonómica e que continúa invicto. As redondelás plantaron cara ás de Moaña e chegaron ao descanso por diante no marcador (12-10), pero as visitantes conseguiron darlle a volta ao encontro tras a reanudación. A SAR intentou manterse na loita pola vitoria, pero o Samertolameu acabou levando os dous puntos. O próximo compromiso das redondelás será na pista do Balonmán Xallas, en Santa Comba.

Na Segunda Autonómica feminina, o Cíes Obra Civil Balonmán Chapela asinou unha contundente vitoria por 33-19 ante o BM Caselas. Este resultado permite ás redondelás situarse no liderado da clasificación con seis puntos. Na próxima xornada visitarán ao Lavadores B.

Tamén sumaron os dous puntos As Choqueiras de Redondela, que venceron por 19-33 na súa visita ao Balonmán Tui. O equipo ocupa a cuarta posición da táboa e recibirá na próxima xornada ao CP Lucense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará