Hoxe é Luns 2 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela FS Rodavigo remonta en Begonte

WhatsApp Image 2026-11-02 at 13.49.49

Categoría Terceira División Nacional

CONCELLO DE BEGONTE F.S. 3 – 8 REDONDELA F.S. RODAVIGO

Gran remontada do Redondela FS Rodavigo, que se impuxo por 3-8 na súa visita ao Concello de Begonte FS despois de chegar ao descanso cun marcador adverso de 2-0.

O conxunto redondelán asinou unha espectacular segunda metade, na que foi quen de darlle a volta ao encontro con oito goles e levarse tres puntos importantes para a clasificación.

O protagonista da remontada foi Carlos, que marcou o primeiro tanto dos visitantes no minuto 24, de penalti, e apenas un minuto despois anotou o empate a dous. No mesmo minuto, o propio Carlos volveu ver portería para poñer por diante ao Rodavigo (2-3). A partir de aí, Angel, Miguel e Javier sumáronse á festa goleadora, mentres que Carlos pechou a conta no minuto 38 co seu cuarto tanto da tarde.

O adestrador do equipo, Fer Pitart, amosaba a súa satisfacción polo resultado e pola situación clasificatoria: “Entramos en puestos de Play Off”. O técnico tamén destacaba a capacidade de reacción do equipo tras unha primeira parte complicada.

Con esta vitoria, o Redondela FS Rodavigo sitúase na cuarta posición, dentro dos postos de play-off e a só tres puntos do liderado.

Na próxima xornada, o conxunto redondelán xogará como local ante o A.D.F.S. Bueu.

S.D. PAZOS DE BORBÉN FS 5 – 3 ADC LUGO SALA “B”

O primeiro equipo do Pazos de Borbén FS tamén conseguiu unha vitoria esta xornada ao superar por 5-3 ao ADC Lugo Sala “B” no pavillón A Marisma.

O equipo local sumou tres puntos nun encontro no que, aínda que non asinou a súa mellor actuación, conseguiu dominar boa parte do xogo e manter a vantaxe no marcador.

Os cinco goles do conxunto de Pazos de Borbén levaron a sinatura de Botana, Costas, Dani, Simón e Luis, cun tanto cada un.

Desde o club celebraban o triunfo a través das súas redes sociais, destacando que, malia non ser o mellor partido dos seus, os tres puntos eran merecidos polo dominio amosado durante boa parte do encontro.

A próxima xornada traerá un importante compromiso para os de Pazos, que visitarán Sarria para enfrontarse a Os Meigallos, actual líder da categoría. Un duelo esixente ante o primeiro clasificado.

Categoría Preferente

CAMPITO CHAPELA F.S. 5 – 1 CRECENTENSE F.S.

Nova vitoria para o Campito Chapela FS, que se impuxo con claridade ao Crecentense FS por 5-1.

O conxunto de Chapela resolveu o encontro cunha boa actuación colectiva e contou coa eficacia goleadora de Pablo, que foi o gran protagonista do partido ao conseguir un triplete. Os outros dous tantos foron obra de Raúl e Alfredo.

Con estes tres puntos, o Campito sitúase na sexta posición da clasificación, con 16 puntos no seu haber.

Na seguinte xornada, o equipo de Chapela terá que desprazarse para visitar o Marín F.F.

BAÍÑA F.S. 7 – 4 REDONDELA FS – SAMOA CAFÉ & TAPAS “B”

Non puido ser para o filial do Redondela FS, que caeu por 7-4 na súa visita ao Baíña FS.

O equipo redondelán non conseguiu frear o potencial ofensivo do conxunto local e acabou cedendo os tres puntos nun encontro con numerosos goles.

CESURES F.S. 6 – 4 S.D. PAZOS DE BORBÉN FS “B”

Tampouco tivo fortuna o filial do Pazos de Borbén FS, que regresou de baleiro da súa visita ao Cesures FS.

Os locais impuxéronse por 6-4 nun partido con dez goles no marcador, no que o equipo de Pazos non puido evitar a derrota.

Categoría Primeira Galicia de Fútbol Sala

INDECISOS F.S. 7 – 4 AREALONGA FS CHAPELA

Derrota do Arealonga FS Chapela na súa visita ao Indecisos FS, nun encontro que rematou cun 7-4 no marcador e no que o conxunto de Chapela non conseguiu sumar puntos.

Malia este resultado, o Arealonga mantense nunha boa terceira posición da clasificación, con 16 puntos, polo que continúa na zona alta da táboa.

A próxima xornada traerá un compromiso especial para os de Chapela, que visitarán o filial do Campito FS nun derbi berete. Un encontro no que, ademais da rivalidade local, estarán en xogo tres importantes puntos para ambos os equipos.

Cómpre lembrar que o filial do Campito vén de conseguir a vitoria nesta xornada e ocupa actualmente a sexta posición da clasificación, polo que chegará ao derbi tamén coa intención de prolongar a súa boa dinámica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará