Hoxe é Martes 27 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O colexio de Laredo celebra un encontro para falar de educación sexual

amaturi

O CEIP de Chapela, acolle este martes 27 de outubro, ás 18:00 horas, o encontro “Aquí aprendemos en familia” unha actividade participativa dirixida a familias, nais, pais e crianzas para fomentar o diálogo, a aprendizaxe compartida e a confianza arredor da sexualidade a cargo do gabinete sexolóxico Amaturi. As persoas interesadas poden inscribirse a través do whatsapp 666591228.

A educación sexual será a protagonista de “Aquí aprendemos en familia”, unha proposta que busca crear un espazo de encontro no que persoas adultas e crianzas poidan aprender xuntas, compartir dúbidas e construír respostas de maneira colectiva.

Lonxe do formato dunha charla convencional, a actividade aposta pola participación activa de todas as persoas asistentes, convidándoas a descubrir, reflexionar e intercambiar ideas arredor da sexualidade desde a naturalidade e o respecto.

A iniciativa parte da importancia de abordar a educación sexual en familia, recoñecendo que tanto as crianzas como as persoas adultas teñen preguntas e que o diálogo compartido pode contribuír a mellorar a comunicación no fogar.

Ademais de favorecer a adquisición de coñecementos, o encontro pretende reforzar os vínculos familiares e promover relacións baseadas na escoita, na confianza e na capacidade de falar abertamente sobre a sexualidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará