Hoxe é Venres 9 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela recupera as clases de Lingua de Signos tras varias semanas de espera

mediación

A Consellería de Educación comunicou ao centro a incorporación dun profesor para cubrir a baixa da docente titular, polo que o alumnado do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa poderá recuperar as clases dunha das materias fundamentais da súa formación

O alumnado do Ciclo Superior de Mediación Comunicativa do IES de Chapela poderán aprender lingua de signos tras comunicarlle o Centro que o docente que estaba de baixa dende o 2 de setembro será finalmente substituído. O retraso na súa substitución provocou que durante varias semanas non se impartise unha asignatura fundamental dentro desta formación.

Ante esta situación, o alumnado presentou o pasado 15 de setembro un escrito ante a Consellería de Educación no que solicitaba a incorporación dun docente substituto mentres se prolongase a baixa da profesora titular. A falta de profesor supuña ademais un importante número de horas lectivas perdidas, xa que Lingua de Signos conta con nove horas semanais.

A ausencia desta materia tiña tamén repercusión noutras áreas do ciclo, ao tratarse dunha formación directamente relacionada con diferentes módulos e competencias da titulación, tal e como nos explicaba unha das docentes do ciclo, Paula Fernández.

A comunicación da Consellería ao centro permite dar por resolto o problema. A incorporación do novo docente permitirá recuperar as clases de Lingua de Signos e garantir a continuidade da formación do alumnado. Queda por determinar como se organizará a recuperación das horas lectivas perdidas durante estas primeiras semanas de curso, pero a incorporación do profesor pon fin á situación de falta de docente que se prolongaba desde setembro.

O Ciclo Superior de Mediación Comunicativa do IES de Chapela é unha formación especializada que prepara profesionais para traballar no ámbito da mediación e a comunicación con persoas xordas e xordocegas. Entre as súas saídas profesionais figuran as relacionadas coa atención, promoción e formación de persoas xordas e xordocegas, polo que a Lingua de Signos constitúe unha das materias fundamentais destes estudos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará