Hoxe é Mércores 7 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre a inscrición para un curso oficial de Monitor de Tempo Libre

monitor tempo libre

A formación desenvolverase as fins de semana entre o 23 de outubro e o 12 de decembro en Cesantes, combinando clases presenciais e en liña. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro. Máis información no teléfono 644 047 298.

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Xuventude, organiza por primeira vez no municipio un curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. Esta actividade formativa conta cun prezo subvencionado polo propio Concello co obxectivo de facilitar o acceso de toda a veciñanza a unha titulación homologada e con alta inserción no mercado laboral.

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, impartirase en Cesantes, unha contorna privilexiada que permitirá vincular a aprendizaxe con contidos específicos de ocio inclusivo e deportes náuticos. O programa formativo estrutúrase nun total de 200 horas didácticas, divididas en 150 horas presenciais e 50 horas en liña, e impartirase en réxime de fins de semana dende o 23 de outubro ata o 12 de decembro.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro 20 de outubro. As persoas interesadas poden tramitar a súa inscrición no Concello de Redondela, de xeito presencial ou na sede electrónica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará