Hoxe é Mércores 7 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscase por terra, mar e aire unha persoa desaparecida en Redondela

helicoptero

Un helicóptero de rescate e varios medios por mar e terra participan nun operativo de busca en Redondela para localizar unha persoa desaparecida na ría de Vigo. A alerta activouse na tarde-noite de onte, despois de que un amigo comunicase ao 112 Galicia que non conseguía contactar coa persoa desde o día anterior. Tampouco foi localizada na súa vivenda, situada na zona da Formiga, na parroquia de Cedeira.
Un amplo dispositivo trata de localizar unha persoa nunha zona de mar en Redondela. Dez minutos despois das 19:30 horas, un amigo comunicou ao 112 Galicia que non conseguía contactar con ela desde o día anterior.
O alertador desprazárase ata a vivenda do implicado, situada na zona da Formiga, na parroquia de Cedeira, e comprobou que non se atopaba no domicilio. A casa está situada xunto a un pantalán no que habitualmente ten amarrada unha embarcación auxiliar tipo zódiac, que utiliza para acceder a un barco. Nese momento, a zódiac atopábase a carón do barco, pero non había rastro do seu propietario.
Tras recibir o aviso, o 112 Galicia alertou a Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e as policías Nacional e Local. Tamén se informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño e aos voluntarios de Protección Civil de Redondela, por se fose necesaria a súa intervención.
O dispositivo esténdese por terra, mar e aire. Nas tarefas participan o helicóptero de rescate Pesca I, de Gardacostas de Galicia, así como embarcacións da Garda Civil e a auxiliar Don Inda, de Salvamento Marítimo. A Garda Civil despraza tamén mergulladores do seu Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) para colaborar na busca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará