Hoxe é Martes 6 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Balonmán Chapela estrea a liga con goleada e SAR OPmobility cun empate

IMG-20260415-WA0036

A Primeira Autonómica masculina de balonmán botou a andar esta fin de semana con resultados diferentes para os equipos da contorna, pero sumando xa os primeiros puntos da tempada. 

O Balonmán Chapela comezou a competición cunha ampla vitoria no Pavillón Municipal Manuel González Soto. O conxunto local dominou desde os primeiros minutos ante o Parrilada La Ronda Arteixo e xa chegou ao descanso cunha cómoda vantaxe de dez goles (25-15). Na segunda metade, os de Chapela mantiveron o control do encontro para acabar impoñéndose por un claro 43-29. Na segunda xornada tocaralles desprazarse para medirse ao Calvo Xiria B.

Pola súa banda, a SAR OPmobility afrontaba o seu primeiro partido da tempada coa visita ao Atlético Novás e atopouse cun encontro de máxima igualdade desde o asubío inicial. Durante a primeira metade, os dous equipos alternaron o dominio no marcador sen que ningún deles conseguise unha vantaxe superior a un gol. Ao descanso, os de Redondela marcharon por diante por un axustado 14-15. Na segunda parte mantívose o mesmo guión e sen que ningún dos conxuntos lograse romper o partido. Finalmente, o encontro rematou en táboas (31-31), deixando un punto con sabor agridoce para a SAR OPmobility.

Na próxima xornada, o conxunto redondelán afrontará un dos partidos máis atractivos do calendario, coa visita do Balonmán Seis do Nadal á Bomboneira. Será, polo tanto, unha estrea na casa marcada pola rivalidade entre ambos os equipos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará