Hoxe é Martes 6 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luís Cuntín analiza as claves do adianto electoral e o novo escenario político

luís cuntín

O adianto electoral abriu un novo escenario político. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, confirmou a convocatoria de eleccións para o vindeiro 29 de novembro. A decisión chegaba despois dunha semana marcada pola tensión política e polo fracaso dos decretos de vivenda no Congreso, tras os votos en contra do Partido Popular, Vox e Junts. A convocatoria colleu por sorpresa boa parte das formacións políticas, que daban por feito que a actual lexislatura podería prolongarse aínda varios meses.

O investigador social e experto en análise electoral e política, o redondelán Luís Cuntín, pasa polos micrófonos da Radio Municipal de Redondela para analizar o novo escenario político tras a convocatoria de eleccións.

As enquisas sitúan actualmente ao Partido Popular como favorito, mentres que Vox podería ter un papel decisivo e o PSOE afronta o reto de recuperar terreo. Con todo, Cuntín lembra que aínda quedan case dous meses para as eleccións e que tanto a campaña como a mobilización na rúa pode modificar de maneira importante as tendencias actuais.

A capacidade de Pedro Sánchez para resistir en escenarios adversos, a posibilidade de que o resultado volvan ser máis axustado do que apuntan algunhas enquisas e as incógnitas sobre as confluencias dos partidos á esquerda do PSOE son algunhas das cuestións que aborda Luís Cuntín nesta entrevista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará