Hoxe é Mércores 12 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 80.000 euros para o asfaltado de camiños en Pazos de Borbén

asfaltado

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega por valor de 80.000 euros para que o Concello de Pazos de Borbén para a repavimentación dos camiños de Torrente en Nespereira e Cubelos na parroquia de Santiago.

En concreto, a actuación no camiño de Torrente, en Nespereira, ten un orzamento de 30.000 € e busca rehabilitar un espazo que actualmente se atopa degradado, con fochas e vexetación nas xuntas. Por iso, realizarase a roza de taludes e a preparación da rasante mediante o escarificado do firme existente, instalaranse dous sumidoiros con reixa de fundición para a recollida de pluviais, pavimentarase unha superficie aproximada de 310 m2 e prevese o recrecido de tres pozos de rexistro para adaptalos á nova cota do camiño.

Por outra banda, no camiño de Cubelos, na parroquia de Santiago de Borbén, cun orzamento de 52.000 euros é necesario repavimentar debido ao mal estado no que se atopa na actualidade. Actuarase en dous tramos cunha lonxitude total de 356 metros e os traballos inclúen actuacións previas, como limpeza e roza das marxes e beiravías, a roza do terreo, a limpeza da cuneta, o corte de pavimento, o fresado de firme ou o varrido, a pavimentación e a posterior reposición da sinalización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará