A Fundación Conchita Regojo organiza este mércores, 12 de agosto de 2026, o 3º Tardeo Solidario, unha iniciativa organizada a favor de Cáritas Redondela. A celebración comezará ás 19.30 horas e, ao coincidir co día da eclipse a entrada inclúe gafas para contemplar o fenómeno, dúas consumicións e un saboroso picoteo. A xornada estará amenizada polo grupo Froles Mareliñas, que ofrecerá música de gaitas, pandeiretas e bailes.
Os prezos das entradas son de 25 euros para maiores de 18 anos e 15 euros para menores de idade. Poden adquirirse anticipadamente no Café La Vila e en KCruz, así como o mesmo día na entrada, onde se poderá pagar con datáfono.
Unha cita para gozar dunha tarde especial, colaborar cunha boa causa e apoiar o labor de Cáritas Redondela.









