Hoxe é Luns 10 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda celebra as súas festas patronais os días 14, 15 e 16 de agosto

festas rewboreda

Tres xornadas que combinarán os actos relixiosos coas tradicionais verbenas e a música en directo. A primeira das grandes xornadas será o venres 14, festividade de Santa Ana. Ás 19:30 horas terá lugar a misa na súa honra, acompañada polo grupo de gaitas O Carballo das Cen Polas de Reboreda, e pola noite a verbena estará amenizada pola orquestra Magos e o grupo Ritmo.

O sábado 15 de agosto, a misa maior ás 12:00 horas estará cantada pola coral da S.L.C. de Reboreda, seguida da procesión, acompañada pola Banda de Música Cultural de Arcade. Ás 20:00 horas haberá unha nova misa. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Suavecito e do Trío 3.com.

As festas pecharán o domingo 16, día de San Roque. Ás 9:30 horas celebrarase a misa e ás 12:00 horas, a misa solemne, seguida da procesión coa Banda de Música Municipal de Redondela. Para a noite están previstas as actuacións da orquestra Trébol e do grupo Master.

As festas están organizadas pola Asociación Cultural de Festas de Santa María de Reboreda e contan coa colaboración de Cultura e da Deputación de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará