Hoxe é Xoves 25 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O extenente Luis Gonzalo Segura presenta o seu libro “España, Cara B: farsa, corrupción y fraude”

luis gonzalo segura

A Casa da Cultura acolle este venres, ás 20:00 horas, a presentación de España, Cara B: farsa, corrupción y fraude, o último libro de Luis Gonzalo Segura. O acto está organizado polo colectivo Sinha PACA e o Colectivo Republicano de Redondela.

No encontro, o autor ofrecerá unha aproximación ás principais teses da obra, un ensaio no que analiza a realidade política, mediática e institucional do Estado español e como determinadas estruturas do Estado sobreviviron ao franquismo e continuaron operando baixo novas formas dentro da democracia española, mantendo dinámicas de poder, impunidade e protección institucional desde o franquismo ata a actualidade.

Publicado por lolabooks, España, Cara B: farsa, corrupción y fraude non se limita a revisar casos concretos de corrupción política ou mediática, senón que propón unha análise global do sistema. O libro aborda cuestións como a protección política, xudicial e mediática de determinados responsables, a ausencia de responsabilidades efectivas en episodios relevantes da historia recente e a construción de discursos públicos que, segundo o autor, contribuíron a ocultar ou xustificar determinados abusos.

A experiencia persoal de Luis Gonzalo Segura constitúe o punto de partida da obra. En 2014, cando era tenente do Exército, denunciou publicamente casos de corrupción e abusos dentro das Forzas Armadas. Aquelas denuncias derivaron en sancións disciplinarias, varios períodos de privación de liberdade e, finalmente, na súa expulsión do Exército, unha decisión posteriormente ratificada polo Tribunal Supremo.

Coa presentación deste novo traballo, os asistentes terán a oportunidade de coñecer de primeira man as reflexións do autor sobre o funcionamento das institucións españolas e os argumentos que sustentan unha das súas obras máis ambiciosas e controvertidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará