Hoxe é Xoves 25 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de humanización da rúa Roxelio Landeiro suporán un investimento de 875.000 euros

roxelio landeiro institucioinal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, asinaron o convenio para a mellora da accesibilidade da rúa Roxelio Landeiro, enmarcado na segunda convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra. O convenio confirma unha achega de 700.000 euros para financiar a maior parte dunha obra valorada en preto de 875.000€, dos que o Concello aporta os 175.000€ restantes.

Un investimento que permitirá executar unha actuación estratéxica entre a rúa Rosalía do Castro e a Fonte do Conde, no que a Deputación achega case o 80 %”, e que segundo explciaron ambos mandatarios supón unha “aposta pola mellora da seguridade viaria, a mobilidade peonil e o impulso ás infraestruturas e as comunicación”.

O proxecto de mellora da accesibilidade da Rúa Roxelio Landeiro, situada en Arcade entre a Rúa Fonte do Conde, no Camiño de Santiago, e a Rúa Rosalía de Castro, abrangue un ámbito de actuación dunha superficie aproximada de 2.800 metros cadrados. No tramo norte, ata as proximidades da Fonte do Conde, proxéctase un dobre sentido de circulación cun ancho de calzada de 4,50 metros. Haberá zonas verdes e de estacionamento na parte máis próxima á intersección. Mentres que no tramo sur, ata a intersección coa rúa Rosalía de Castro, proponse un dobre sentido de circulación co mesmo ancho de calzada de 4,50 metros con aparcamento de carga e descarga nas dúas marxes, vexetación e mobiliario urbano e nova iluminación.

Logo de asinar o acordo, o presidente da Deputación remarcou que se trata “dun dos primeiros acordos que asinamos” e que a intención do goberno provincial é axilizar ao máximo a sinatura destes documentos para “que os proxectos se poidan licitar e contratar, porque todos os veciños están agardando”.

Pola súa banda, o rexedor de Soutomaior amosou a súa “satisfacción” porque “a colaboración institucional da Deputación está traendo beneficios e vantaxes para a veciñanza de Soutomaior e de toda a contorna”. Sobre a obra salientou que “se trata dun proxecto estratéxico por moitas cousas, entre elas pola transformación urbana que implica e porque transcende este ámbito e está entroncado con outras actuacións de futuro”.

A colaboración da Deputación co Concello de Soutomaior non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten recibido de mans do organismo provincial nos menos de tres anos de mandato un total de 4M€ a través dos distintos plans de cooperación aprobados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará