Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro para familias sobre educación dixital e uso saudable das pantallas no CEIP Porto Cabeiro

charla anpas

Neste obradoiro afonadarase nas grandes preocupacións das familias con respecto ao uso dos dispositivos dixitais e os seus riscos, así como aprender a establecer límites co uso de diferentes ferramentas. Nesta terceira sesión abordarase a maiores a temática do uso da intelixencia artificial no ensino. As persoas interesadas poden inscribirse enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 699 196 745.

O CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro acollerá este martes 12 de maio de 2026, ás 18:00 horas, un obradoiro presencial dirixido ás familias sobre educación dixital, co obxectivo de ofrecer ferramentas prácticas para acompañar a nenos, nenas e adolescentes nun uso responsable e saudable das tecnoloxías.

Baixo o título “Educar e convivir no mundo dixital. A adición ao móbil: comprender para educar”, a actividade abordará cuestións de especial preocupación para as familias como os riscos asociados ao abuso das pantallas, o impacto das redes sociais, a privacidade, a ciberseguridade ou a influencia da intelixencia artificial na vida cotiá.

Durante a sesión analizaranse aspectos como os hábitos dixitais saudables, a xestión do tempo de exposición ás pantallas, os recursos de protección para menores, así como ferramentas de acompañamento parental que permitan ás familias afrontar con máis seguridade os retos educativos do contexto dixital.

Tamén se afondará no impacto emocional das redes sociais, abordando cuestións relacionadas coa presión social, a autoestima e “o lado invisible das redes”, un dos fenómenos que máis preocupa actualmente a familias e profesionais da educación.

A actividade está promovida pola ANPA Porto Cabeiro, coa colaboración da Federación de ANPAs de Redondela, dentro dunha iniciativa orientada a fortalecer a formación das familias ante os novos desafíos educativos derivados do uso das tecnoloxías está aberta a toda a comunidade Educativa, familias ou persoas interesadas de calquer Centro poden anotarse.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará