Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela reclama o uso do galego no BOE

boe

Dende a Concellería de Normalización Lingüística, denuncian que dende hai tempo o Boletín Oficial do Estado (BOE) non ten dispoñible a versión en galego. Por este motivo traladouse ao Ministerio unha solicitude por rexistro para que subsanen esta carencia.

Redondela toma, unha vez máis, a iniciativa a prol do galego. Desta vez dirixíndose ao Ministerio da Presidencia tras comprobar que dende hai tempo o Boletín Oficial do Estado (BOE) non ten dispoñible a versión en galego. Desta maneira, a documentación que se publica ou anexos para realizar trámites ante a Administración Xeral do Estado ou que afecte ás comundiades autónomas só ten a opción do castelán.

Por este motivo, o Servizo de Normalización Lingüística, departamento dirixido pola alcaldesa de Redondela, solicitou por rexistro do Ministerio a pronta rectificación e subsanación desta carencia. O SNL de Redondela presentou un informe, amparado pola lexislación lingüística que se cita e referencia, explicando as obrigas que o estado ten de cara ao cumprimento da cooficialidade do galego.

Ademais, aproveitando esta intervención, o Concello solicitou tamén a incorporación do galego en webs dependentes deste ministerio como son Patrimonio Nacional (que só ofrece en castelán e inglés) ou o Centro de Estudos Políticos e Constitucionais.

Pola súa parte, dende o departamento redondelán sinalan que “dende a Administración local debemos tomar a iniciativa para reclamar a plena igualdade do galego e do castelán. Fronte as falsidades da imposición do galego, a realidade é teimuda e vén demostrarnos acotío que o galego é excluído, marxinado ou esquecido por parte de certas administracións. Por iso, nós dende Redondela asumimos tamén o noso compromiso co idioma oficial de Galicia e alí onde haxa que erguer a voz e a protesta farémolo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará