Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un redondelán tras ameazar e agredir a dous axentes da Policía Local

RR_Noticias

Foron os propios veciños os que alertaron na tarde do sábado da actitude deste home, de 32 anos, que circulaba pola rúa dun xeito agresivo, sen manter a distancia de seguridade, sen protección e abalanzándose sobre as persoas que se atopaba no seu camiño. Cando os axentes trataron de identificalo, negouse e agrediu aos policías que procederon a súa detención.

Tres chamadas de viandantes en menos de cinco minutos, foron as que alertaban o sábado ao atardecer á Policía Local de Redondela sobre un home que circulaba pola rúa cunha actitude agresiva, sen máscara de protección e botándose enriba dos viandantes que se atopaba no seu camiño. O detido tamén se abalanzou e golpeou coa cabeza as costas dunha empregada dun supermercado da vila que estaba saíndo do seu posto de traballo. Segundo as testemuñas, o home, veciño de Redondela, saíu correndo pero pouco despois era localizado na zona de Santa Mariña cando estaba a golpear a porta dunha discoteca.
Dous axentes da Policía Local tentaron identificalo pero nunha actitude desafiante este  negouse e agrediu e empurrou aos axentes que procederon a súa detención ás 22.30 horas.
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp