Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O peche do consultorio de Soutomaior provoca unha nova protesta en defensa da sanidade

RR_Noticias

O BNG convoca para este venres día 6 ás 12:00 horas unha caravana de coches en defensa da sanidade na localidade. A protesta sairá de Salgueirón. O partido nacionalista fai un chamamento a toda a veciñanza para que participe nunha mobilización que chega logo da manifestación do pasado domingo na que participaron centos de veciños.

O consultorio de Soutomaior deixou de prestar servizo nestes días logo de que o Sergas non cubrise a baixa do facultativo que atente o centro. Este consultorio só pechou a súa atención en dúas ocasións na historia, e as dúas ocasións nos últimos 6 meses obrigando aos veciños de Soutomaior a ter que desprazarse a Arcade para ter atención sanitaria, impedindo que os veciños de Arcade e Soutomaior poidan a atención sanitaria que merecen. O voceiro do BNG, Manu Lourenzo, alerta de que de “non defender a sanidade pública asistiremos ao peche definitivo deste consultorio”.
Sinalou tamén que ” o feito de que 3 días despois de que o Concello de Soutomaior saíse á rúa masivamente o SERGAS volva atacar deste xeito á veciñanza de Soutomaior “é un acto absolutamente intolerábel. Non imos permitir estas agresións nin este manporreirismo coa nosa veciñanza. Se na Consellaría actúan así que teñan claro que terán cumprida resposta por parte do BNG e da veciñanza de Soutomaior”.
Manu Lourenzo anima a veciñanza a participar na caravana pola sanidade que sairá este venres, 6 de decembro ás 12.00 horas de Salgueirón para “entre todos loitar contra a privatización e o desmantelamento da sanidade pública de Soutomaior”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará