Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén reparte unha tonelada de alimentos non perecedeiros

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén atendeu esta semana a máis de 30 familias do municipio dentro do seu programa de repartición de alimentos. A iniciativa, a segunda que se realiza este ano, está incluída no programa europeo de axuda ás persoas máis desfavorecidas e ten como obxectivo atender a posibles situacións de emerxencia social entre a poboación do municipio.

En total repartíronse ao redor de mil quilos de alimentos non perecedoiros e de primeira necesidade. Sobre todo,repartíronse quilos de azucre, litros de leite, lentellas, fabas, arroz, garavanzos, pastas, aceite e produtos para o almorzo dos menores.
O programa de repartición de alimentos está destinado a previr situacións de exclusión social entre a poboación con menos recursos económicos, dando maior preferencia ás unidades familiares con menores ao cargo e a persoas maiores con rendas baixas que viven soas. Ademais, á hora de establecer a repartición téñense en conta criterios como a conservación dos alimentos, as necesidades nutricionais dos beneficiarios ou as dificultades para a súa preparación.
A repartición realízase a través dos Servizos Sociais para asegurar que a comida chega ás familias con maiores necesidades, unha medida que, segundo adiantou Nogueira, “ampliarase o próximo ano coa inclusión de novas partidas de emerxencia social nos próximos orzamentos municipais”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará