Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume de madrugada obriga a desaloxar un hotel na rúa Pai Crespo

RR_Noticias

Unha chamada ao 112 alertaba do incendio que se producía ao redor da medianoite no hotel Alvear. Segundo información da Policía Local o lume teríase iniciado nunha pequena vitrocerámica nunha das habitacións e afectaba ao mobiliario e campá extractora o que produciu unha importante fumareda que obrigou a desaloxar o inmoble. Non hai que lamentar danos persoais.

Unha chamada dun particular alertaba as 00.35 horas do incendio ao ver que saía moito fume do establecemento que se atopa na rúa pai Crespo. Os servizos de emerxencia mobilizaron ao bombeiros do Porriño, a Policía Local e Protección Civil.  Explican dende a policía local que o lume foi de pouca entidade e que os tres ocupantes da habitación afectada foron instalados noutro cuarto do inmoble.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará